EconomíaEconomíaÚltima hora

Garoba, premiada na campaña “Máis que comercio” no Barco

O acto de entrega tiña lugar na mañá do 27 de novembro no propio establecemento
Acto de entrega do diploma a Garoba./ Foto: Carlos G. Hervella.
Acto de entrega do diploma a Garoba./ Foto: Carlos G. Hervella.

A campaña “Máis que comercio!” chegaba ao seu fin no Barco CCA coa entrega do premio ao establecemento elexido como favorito polos participantes nesta iniciativa. Neste casoa galardoada foi a tenda de roupa Garoba.

Este negocio, rexentado por dúas amigas desde hai 15 anos, foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido.

A directiva do Barco CCA, que preside Ángel Álvarez, o alcalde do Barco e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, entregaban o diploma a este establecemento na mañá do 27 de novembro nun acto no que tamén se entregaron agasallos aos clientes gañadores.

O acto de entrega tivo lugar no propio establecemento barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.
O acto de entrega tivo lugar no propio establecemento barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.

O delegado da Xunta felicitou aos galardoados e destacou a participación dos clientes barquenses nesta campaña. Pola súa banda, o alcalde do Barco, Alfredo García, resaltou o papel dinamizador do CCA e as iniciativas que está a levar a cabo na vila.

A campaña “Máis que comercio!” foi organizada pola Dirección Xeral de Comercio en colaboración co Barco CCA.

Artigos relacionados

Back to top button