DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Goleada do Rúa feminino ao Cambados no Aguillón

Malia as numerosas baixas, as ruesas vencían 6-2 na segunda xornada de liga

Hai só dunha semana que comezaba a liga e as lesións, de maior ou menor embergadura, xa se cebaron co Rúa-Valdeorras C.F. que vía como boa parte do plantel asistía á segunda xornada de liga dende as bancadas. E malia iso, as rapazas de Ricardo Basteiro lograban unha contundente vitoria no campo rues do Aguillón fronte ao J. Cambados.

Tralo comezo de partido, no que ámbolos dous equipos tentaban o campo e a situación, Rafaela (unha das novas incorporacións) adiantaba ás ruesas no marcador, sendo unha das protagonistas do encontro ao anotar un segundo gol. Para o Rúa tamén marcaron Silvia, Candela de falta directa e Carol en dúas ocasións.

Co 6-2 no marcador, o conxunto local suma a súa primeira vitoria da tempada (no primeiro partido empatou a uns no campo da UD Santiso), situándose no 6º posto da clasificación.

A próxima xornada xogarán a domicilio contra Puentearnelas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button