DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Goleada do Rúa Valdeorras C.F. para despedir a tempada no Aguillón

Co 7-0 no marcador remataba o penúltimo encontro da liga, ante o Armenteira C.F.

Por todo o alto. Así se despedían as rapazas do Rúa Valdeorras F.C. da afección ruesa no campo do Aguillón, goleando ao Armenteira (penúltimo clasificado) no último partido da tempada en casa.

A calidade superior das locais quedaba patente xa dende o  principio e tralo gol de Isa no minuto 5, o partido foi corrido e os goles un detrás de outro. Na primeira metade marcaron tamén Carlota en dúas ocasións e Candela, e xa na segunda parte completaron o resultado os tantos de Silvia, Rafaela de novo Candela.

Ao final, co 7-0 no marcador remataba a xornada 25ª na segunda división feminina. A próxima cita para as valdeorresas que se manteñen no 5º posto da clasificación, será o vindeiro domingo 30 de abril no campo do Victoria (2º clasificado), poñendo o punto final a unha tempada irregular.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button