PolíticaÚltima hora

Gonzalo Caballero, novo secretario xeral do PSdeG

A súa candidatura conseguía un 58,30% dos votos emitidos  fronte aos 2.663 de Villoslada

 

 

Gonzalo Caballero, novo secretario xeral do PSdeG-PSOE./Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os socialistas galegos xa teñen novo secretario xeral. O vigués Gonzalo Caballero Míguez resultaba electo ao conseguir un 58,30% dos votos emitidos nas primarias en Galicia, fronte ao 41,70% do outro candidato, o ourensán Juan Manuel Díaz Villoslada.

Así Caballero impoñíase nas catro provincias da comunidade e sumaba un total de 3.723 votos (mentres que Villoslada quedábase en 2.663), conseguindo  1.270 votos na Coruña, 756 en Lugo, 612 en Ourense e 1.085 en Pontevedra, sendo a porcentaxe de participación galega nestes comicios do 63,80%.

 

Gonzalo Caballero, na rolda de prensa tras resultar elixido secretario xeral dos socialistas galegos.

Artigos relacionados

Back to top button