Galerías de fotosÚltima hora

Gran asistencia á VI Festa do Churrasco do Motoclub Os Esquíos de Trives

Un ano máis e xa van seis, o Motoclub Os Esquíos de Trives organizou a Festa do Churrasco, previa á concentración que terá lugar a comezos de xullo.

Unhas 200 persoas dábanse cita na noite do 20 de maio no baixo de Santa Leonor para degustar un exquisito menú a base de entremeses, empanada e por suposto churrasco. Como non podía ser doutro xeito a Bica foi o gran postre.

A festa que continuaba despois da cea coa actuación dun grupo musical que fixo bailar a todos os asistentes que disfrutaron un moi bo ambiente.

Fotos cedidas por Motoclub Os Esquíos.

Artigos relacionados

Back to top button