DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Gran vitoria do C.D. Rúa no campo do Aguillón

Por 4 goles a 0 vencía ante o C.D. Palmés na sexta xornada de liga en 2ª autonómica

Dous foron os encontros que se disputaron na tarde do 15 de outubro no campo rues do Aguillón. Primeiro, o equipo feminino da vila caía ante o Betanzos e de seguido comezaba o partido da categoría sénior que enfrontaba a C.D. Rúa e C.D. Palmés.

E foi precisamente o equipo de Javi Ferrer quen puxo a nota positiva á tarde cunha gran vitoria por 4 goles a 0. Alberto abría o marcador no minuto 26 e dez despois, Rober aumentaba a vantaxe chegando ao descanso co 2-0. Na segunda parte, Rober volvía marcar, e tamén Manuel que sentenciaba o partido no minuto 81.

Con este resultado os rueses suman a cuarta vitoria no que vai de liga e sitúanse no quinto posto da clasificación. A vindeira fin de semana desprazaranse ata o campo do Leiro C.F. (un posto por debaixo na táboa).

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button