CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O grupo de teatro de Arcos pon o broche de humor ás festas de San Lourenzo

Numeroso público asistiu á representación da obra “O médico a paus” En lugar de abrilo como outros anos, nesta ocasión o teatro era o encargado de pechar o programa das festas patronais de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) na honra a San Lourenzo. Así, na noite do 11 de agosto, a praza a carón do centro social do pobo enchíase de público para asistir á representación da obra “O médico a paus” a cargo do grupo de teatro afeccionado de Arcos.

Despois de presentar ao amplo elenco, os actores fixeron rir aos asistentes coa posta en escena desta versión galega da obra de Molière (traducida no seu momento por Leandro Fernández de Moratín). “Fixemos unha adaptación propia, quitando algún fragmento que non nos parecía axeitado nin para o momento nin para o público”, explica o mestre, escritor e veciño de Arcos, que fai as funcións de director.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button