En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Un grupo de veciños de Viana xúntase para limpar o lixo das beiras do encoro do Bao

A intensa seca dos últimos meses fixo descender de xeito sorprendente as augas do encoro do Bao en Viana do Bolo. Aproveitando que o nivel da auga está tan baixo, un grupo de veciños de Viana do Bolo de diferentes idades decidía, seguindo unha iniciativa de Ana María García, reunirse na mañá do domingo 8 de outubro e mobilizarse para limpar o lixo que podía verse nas beiras do encoro.

Como resultado destes labores de limpeza xuntaban máis de 50 neumáticos de grandes dimensións, motos, máquinas de escribir, zapatillas, sinais de tráfico, antigos pantaláns, bidóns… Ata atopaban unha planta de tomate chea de froitos maduros baixo a ponte.

Fotos cedidas por Jose Luis Ortiz e Cristina Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button