CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Guadi Galego actuará no Barco o 2 de xuño

A cantante presentará o seu novo traballo “O mundo está parado” ás 21h. no Teatro Lauro Olmo

 

Guadi Galego, durante un concerto.

 

Tras pasar por varios escenarios galegos, por Madrid e Barcelona, a cantante Guadi Galego presentará o vindeiro venres 2 de xuño no Barco o seu terceiro traballo en solitario “O mundo está parado” (FOL Música, 2016).  Será o seu primeiro concerto desta xira na provincia de Ourense e está previsto para as 21h. no Teatro Lauro Olmo da vila valdeorresa.

Este disco, con dez  temas “redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia”, ten sido considerado un dos mellores do 2016 polo crítico Fernando Neira. A súa primeira edición limitada esgotouse no primeiro mes dende a súa saída. Asemade o primeiro videoclip do traballo, “Cedeira”, ten sido dirixido polo cineasta Xacio Baño, vencellado a Valdeorras, e resultaba nominado aoss Premios Mestre Mateo.

O público valdeorrés poderá desfrutar del en directo o vindeiro venres. As entradas da actuación poderán adquirirse  a 5 euros, na tenda musical Ton y Son (Av. Eulogio Fernández, 31 ) ou o propio día do concerto na billeteira do Teatro Lauro Olmo.

Artigos relacionados

Back to top button