A procesión coa imaxe do santo percorría as rúas da localidade na mañá do 24 de agosto
Moitos son os pobos que na xornada de hoxe, 24 de agosto, renderon culto a San Bartolomé. Un delas é A Gudiña, onde tiña lugar a tradicional procesión e misa na súa honra.
A comitiva encabezada pola imaxe do santo e seguida polos sacerdotes e numerosos veciños, entre eles o alcalde José María Lago, saía da igrexa parroquial en torno ás 12:30h, percorrendo algunhas das rúas do concello co acompañamento musical dun grupo de gaiteiros.
Xa de regreso no templo tiña lugar a eucaristía, amenizada musicalmente pola Coral Polífonica Beato Sebastián Aparicio da Gudiña
Fotos: Carlos G. Hervella.