OurenseÚltima hora

“Guiso Especial Anti-San Valentín” e “Prohibido plantar patacas” gañan o concurso Youtubeir@s

Este concurso que pretende aumentar o número de vídeos en galego na rede social YouTube celebrou a súa gala de entrega de premios no Teatro Principal
A gala estivo conducida por Iria Pinheiro. // Foto: Carlos Asensio.

O Teatro Principal de Ourense acolleu hoxe, 26 de maio, a entrega de premios do Concurso de vídeos na rede “Toutubeir@s”. No transcurso da velada entregáronse os dous premios principais valorados cun trofeo e 1.000 euros. Asemade, tamén se anunciaron as catro mención honoríficas cun premio de 500 euros cada unha.

No acto, presentado pola actriz Iria Pinheiro, fixéronse un montón de referencias ao “mundo youtubeiro” e ao seus códigos, predominando a retranca en todo momento. Iñaki Quenerapú fixo un monólogo sobre a importancia de elixir ben a miniatura estática nos vídeos de YouTube e a Dj Marta Verde realizou un espectáculo de mistura cos vídeos participantes en directos. O acto contou coa presenza de máis de 200 persoas entre os concursantes e representantes institucionais dos Concellos e das Universidades promotoras do concurso. Entre eles, estivo a concelleira de Cultura, Educación e Normalización Lingüística de Ourense, Belén Iglesias, e o vicerreitor do Campus, Virxilio Rodríguez.

Virxilio Rodríguez, Alberto Oubiña e Belén Iglesias entregaron un premio. // Foto: Carlos Asensio. 

A deliberación do xurado, entre máis de 200 vídeos presentados, resultou moi complicada, dixeron. Finalmente, as pezas gañadoras foron, na categoría de vídeo-facermos, “Guiso especial Anti-San Valentín” realizado polas youtubeiras de “Corasón de Churrasco”, e na categoría de vídeo-opinarmos, o premio foi para “Prohibido plantar pacatas: a praga da couza guatemalteca”, presentado polas youtubeiras de “Teño unha horta en San Sadurniño”. Estes dou premios foron entregados por dous membros do xurado, María Yáñez e Manuel Núñez Singala.

Ao acto acudiron máis de 200 persoas.// Foto: Carlos Asensio. 

As mencións honoríficas foron entregadas pola Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Belén Iglesias, e o concelleiro de Normalización de Pontevedra, Alberto Oubiña. A mención especial “polo enxeño e a creatividade foi para David Otero Fumega co seu vídeo “SmartFol G6″, unha review moi especial” e o premio que destaca a eficiencia comunicativa foi asignado ao videoeditorial “Tortilla de Pascua” da youtubeira Isabel Villanueva.

A mención de honra en calidade técnica recibiuna Miguel Rodríguez González pola súa vídeo-opinión “1000-rpm – A noite” e o recoñecemento á calidade lingüística foi para o IES Urbano Lugrís de Malpica pola peza colectiva “Seis pasos para falar malpicán”.

A presentadora interactuou co público durante a gala. // Foto: Carlos Asensio.

Vídeos gañadores: 

 

Artigos relacionados

Back to top button