ConcellosEn portadaÚltima hora

A historia do ourensán que chegou a ser “Rei dos Jíbaros”, na Biblioteca de Verín

Esta infraestrutura cultura adicaralle á figura de Alfonso Graña un ciclo de actividades entre o 27 e o 31 de marzo

 

Unha das imaxes nas que aparece Alfonso Graña e que se inclúen na mostra que poderá verse en Verín.

“Hai vidas que superan os guións de cine”, aseguran dende a Biblioteca Municipal de Verín. E un dos exemplos máis claros é o de Alfonso Graña (Amiudal, Avión, 5 de marzo de 1878), un emigrante ourensán que sendo adolescente emigraba a Brasil e que acababa vivindo no alto Amazonas, na fronteira brasileira con Perú e Ecuador.

Na súa vida mestúrase a aventura con certa pátina de lenda, pero o certo é que Graña chegaba a converterse en en rei da Amazonia, proclamado “Alfonso I da Amazonia” polas tribos Jíbaras, Aguaruna e Huambisa nos ríos Nieva e Santiago do Alto Marañón, e cun territorio superior a metade da Península Ibérica. Arredor da figura deste emigrante ourensán xira un ciclo de actividades promovido pola Biblioteca Municipal de Verín.

 

Un dos paneis explicativos sobre a vida de Alfonso Graña que se incluirá na mostra da biblioteca.

 

Desenvolverase entre o 27 e o 31 de marzo e incluirá unha exposición temática fotográfica e con diversa documentación realizada dende esta mesma infraestrutura cultural (27 ao 31 marzo na Biblioteca Municipal), a conferencia do investigador Maximino Fernández (xoves 30, ás 19.30 horas, na Biblioteca Municipal) e o visionado do documental de RTVE adicado a Alfonso Graña (venres 31, ás 19:30h, no Salón de Actos).

Esta iniciativa está organizada pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín e enmárcase dentro da programación de actividades destinadas ao fomento dá lectura e dinamización dá instalación municipal.

 

Fotos: cedidas dende a Biblioteca Municipal de Verín.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button