DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Homenaxe a Luciano no II triangular de veteranos de fútbol das festas da Rúa

O C.D. Rúa lograba a copa tras impoñerse ao Ponferrada e Ferreira de Pantón

Ponferrada, Pantón e C.D. Rúa. Son os tres equipos que, na tarde do 5 de agosto, pelexaron sobre o céspede do campo de fútbol Novo Aguillón por facerse coa copa do triangular de veteranos das festas de verán, que finalmente quedaba en casa.

Co 0-2 remataba o primeiro partido entre os veteranos do Ponferrada e os do Pantón e co 5-0 o segundo entre o C.D. Rúa e o Pantón. Sen apenas descanso, os veteranos do Rúa volvían saír ao céspede para enfrontarse ao Ponferrada, nun partido moi igualado que finalmente se inclinaba cara o locais que vencían por 4 goles (3 de Adrián e 1 de David Pérez) a 3.

Coa copa de campións do triangular (subcampión Ferreira de Pantón e terceiro clasificado Ponferrada), remataba unha cita xa tradicional nas festas de verán que tivo outro protagonista: Luciano, ex xogador do conxunto rues a quen lle renderon unha emotiva homenaxe, facendo o saque de honra para o segundo partido. “A súa familia estaba moi emocionada”, asegura David Pérez, dende o Rúa, agradecendo a colaboración do Concello e de Gaseosas Roca.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button