Galerías de fotosÚltima hora

Homenaxe a Manuel María ao pé da torre da homenaxe de Viana

O CEIP Bibei de Viana do Bolo celebraba as Letras Galegas cun acto literario-musical o 20 de maio

Ao carón da torre da homenaxe de Viana do Bolo celebraban os alumnos do CEIP Bibei celebraban as Letras Galegas. O acto tiña lugar o 20 de maio e nel mesturábase música e literatura. O programa comezaba coa interpretación do Himno Galego por parte do alumnado de 5º, logo tiña lugar un recital de poesía de Educación Infantil (1º e 2º), a representación da Real Academia Galega (a cargo do alumnado de 5º e 6º), abordábase a vida de Manuel María (por 3º e 4º), soaba a canción “O carro” (alumnado de 4º coa colaboración de 5º e 6º) e finalmente o “Himno do Antergo Reino de Galicia” por nenos/as de 6º.

Neste festival das Letras Galegas contábase coa presenza do alcalde de Viana do Bolo, da concelleira de Cultura e do tenente de alcalde.

Fotos: cedidas polo CEIP Bibei

Artigos relacionados

Back to top button