En portadaÚltima hora

Homenaxe póstuma ao neurólogo Miguel Blanco, en Petín

A localidade valdeorresa lembrará, cun acto público no Centro Médico, ao veciño falecido hai un ano
Miguel Blanco na praza de Petín, durante a entrevista concedida ao Periódico O Sil en abril de 2013./ Foto: Carlos G. Hervella.
Miguel Blanco na praza de Petín, durante a entrevista concedida ao Periódico O Sil en abril de 2013./ Foto: Carlos G. Hervella.

O 9 de outubro de 2015 os veciños de Petín recibían con sorpresa, dor e impotencia a noticia do falecemento do xove neurólogo Miguel Blanco González, director da unidade de ictus do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Un ano despois, o pobo que o viu nacer, crecer e xogar, co que mantiña fortes vínculos familiares e de amizade, rendiralle unha homenaxe a título póstumo.

Será o vindeiro sábado 1 de outubro ás 12 horas nun acto público no Centro Médico onde se descubrirá unha placa na súa memoria. No acto espérase contar coa presenza do conselleiro de Sanidade e de personalidades do ámbito científico vinculados á carreira de Blanco González, así como outros representantes políticos e sanitarios.

Con apenas 40 anos, no momento do seu falecemento o doutor tiña unha traxectoria brillante con numerosos galardóns. Coordinador da Área Neurovascular da Área de Xestión Integrada de Santiago e profesor asociado de medicina dende 2003, o doutor Blanco desenvolveu un próspero labor en investigación a nivel internacional en todo o relacionado co ictus, materia sobre a que escribíu e presentou numerosos artigos e comunicacións en congresos.

Artigos relacionados

Back to top button