EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Homenaxe póstumo a Horacio Fernández no Forum Gastronómico

Recoñecemento póstumo no apartado “Viño” dos Premios Picadillo
Premiados no Forum Gastronomico.
Premiados no Forum Gastronomico.

No marco do acto de clausura do Forum Gastronómico Coruña, o pasado 25 de febreiro, tiña lugar a entrega dos premios Picadillo en recoñecemento ao labor en pro da gastronomía galega. Dentro do apartado “Viño” o galardón recaía, a título póstumo, en Horacio Fernández. O xurado recoñecía deste xeito, e nunha decisión tomada por unanimidade, a “súa adicación e tesón na recuperación e cultivo da Godello en Valdeorras”.

O premio foi recollido pola xerente de Adegas Godeval e filla do falecido adegueiro, Araceli Fernández Presa.

O acto estivo presidido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button