En portadaGalerías de fotosÚltima hora

“Hoxe a godello é a variedade branca de moda no mundo”

Luís Paadín presentaba en Valdeorras a edición do 2017 da Guía de Viños, Destilado e Adegas de Galicia nun acto no Pazo do Castro

Unhas 545 adegas de toda Galicia, máis de 1.500 referencias e de 64 fichas de catas. Son algunhas das cifras da edición do 2017 da Guía de Viños, Destilados e adegas de Galicia, que dirixe o sumiller Luís Paadín, e que se presentaba na mañá do 19 de decembro en Valdeorras. O acto tiña lugar no Pazo do Castro e contaba coa presenza de diferentes adegueiros desta denominación ourensá e de membros da Ruta do Viño de Valdeorras.

Comezaba coa intervención do presidente da Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, quen lembraba a traxectoria de 25 anos de Luís Paadín no mundo vitivinícola e definía á guía como unha “impulsora e embaixadora dos viños galegos” dentro e fóra da comunidade.

 

Portada da “Guía de Viños, Destilados y Bodegas de Galicia 2017”.

Pola súa banda, Luís Paadín referíase ao labor desta entidade valdeorresa e á importancia do enoturismo, que “é un futuro prometedor”. De seguido centrábase nos contidos desta quinta edición da guía, “a única libre de publicidade”, e resaltaba a participación “arrolladora” das adegas de Valdeorras nesta edición, que superaron a trintena.

Asemade comentaba as altas puntuacións acadadas nas catas no caso dos viños brancos desta denominación de orixe e tamén, “de forma illada”, no caso dalgúns do seus tintos. E subliñaba o gran momento que vive a godello a nivel internacional: “é a variedade branda de moda neste momento no mundo”.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button