DeportesÚltima hora

I RallyeMix de Barbadás o 29 e 30 de novembro

A cita automobilística da fin de semana pon o punto e final á tempada galega 2014
Presentacion do I RallyeMix de Barbadás, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Presentacion do I RallyeMix de Barbadás, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

A concelleira de Deportes do Concello de Barbadás, Chelo Vispo; a de Cultura, Nieves Carril; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; e o presidente do Comité Organizador, Juan Carlos Villanueva “Marabú”, presetaban na mañá do 27 de novembro, a primeira edición do RallyMix de Barbadás – Gran Premio Barreiros Consultores, que se celebrará na localidade ourensá o 29 e 30 de novembro.

O RallyMix é unha proba automobilística que combina a terra e asfalto nun tramo cronometrado, no que poden participar os vehículos que habitualmente compiten en Autocross, Rallyes de Terra, Rallyes de Asfalto e Montaña. O trazado da carreira que se celebrará en Barbadás será polo monte, nos arrededores da casa do Concello, celebrando as verificacións técnicas na mañá do sábado, para dar comezo á primeira manga ás 12:15h. Posteriormente serán disputadas as seguintes carreiras. Na mañá do domingo, comezará de novo a competión a partires das 10h. O parque pechado da proba estará situado na Valenzá.

Artigos relacionados

Back to top button