Galerías de fotosÚltima hora

I xantar popular en Vilanova (O Barco)

Organizado pola Asociación Cultural O Mosteiro, contou con preto de 150 asistentes

Preto de 150 persoas asistían no mediodía do sábado 2 de maio ao I xantar popular en Vilanova (O Barco de Valdeorras), organizado pola Asociación Cultural O Mosteiro, con motivo do Día do Traballo (San Xosé Obreiro).

O xantar celebrábase nunha carpa instalada no recinto das escolas cun menú a base de empanada de vitela, polbo con cachelos e bica. Para beber, viño, auga, refrescos, café e licores. O apartado musical correu por conta de “Musical Dina” contando asemade con inchables para os cativos.

Dende a asociación O Mosteiro, aseguran que para ser a primeira vez todo saíu moi ben “e iso que lle tiñamos medo ao mal tempo pero ao final tivemos moi bo día” din, engadindo que houbo xente maior e tamén mozos e todos disfrutaron dunha xornada de festa.

De cara aos vindeiros meses, dende a asociación están xa traballando nunha nova edición da Semana Cultural que contará con varios ponentes no mes de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button