CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Cosme López da Rúa, no programa de inmersión en lingua inglesa

Os alumnos de 4º de ESO participarán na English Week 2017 entre o 19 e o 25 de novembro
Os alumnos de 4º de ESO do IES Cosme López que participarán na actividade.

Entre o domingo 19 e o sábado 25 de novembro, os alumnos de 4º de ESO do IES Cosme López Rodríguez da Rúa “seleccionados entre numerosos centros solicitantes”, puntualizan dende o Instituto, participarán nunha actividade de inmersión en lingua inglesa que se desenvolverá nas instalacións do Centro de Inmersión Lingüística de Inglés, de Os Peares.

Tal como explican dende o centro rues, o obxectivo principal desta tarefa de formación é “que os alumnos practiquen a destreza oral dos coñecementos adquiridos en lingua inglesa, a través de actividades non só de naturaleza académica, senón tamén cultural, de tempo libre e obradoiros, promovendo a convivencia e a motivación da comunicación en inglés, facendo uso de medios tecnolóxicos”.

O curso, enmarcado no Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, realizarase en réxime de internado, sendo de carácter gratuíto para os alumnos. Inclúe, ademais dos gastos de docencia e material escolar, a manutención, o aloxamento e as actividades culturais, deportivas e complementarias, así como os monitores de grupo e os profesores nativos.

Artigos relacionados

Back to top button