ConcellosÚltima hora

II edición da Festa Interior Bruta, o 12 de setembro en Vilar de Santos

Coa proxeción de novos capítulos da webserie PIB (Produto Interior Bruto) e as actuacións de The Phantom Drasgsters e IGMIG
Cartaz da II Festa Interior Bruta.
Cartaz da II Festa Interior Bruta.

Co obxectivo de facer un festival do audiovisual creado no rural para achegalo á xente, dende a asociación cultural Os Ghairas presentan a II edición da Festa Interior Bruta (FIB), prevista para o sábado 12 de setembro.

A asociación Os Ghairas xa ten unha certa traxectoria audiovisual con traballos como a webserie galega PIB, (Produto Interior Bruto), gravado en galego e rodado na zona da Limia en Ourense.

Para dalo a coñecer e promocionalo, por segundo ano decidían organizar unha serie de actividades que se levarán a cabo en Vilar de Santos. Pola mañá haberá unha sesión vermú con música “aireada” e exposición de fotos da rodaxe do PIB.

Pola tarde desputarase un partido de fútbol sala ás 17:30h. e a partires das 20:30h. no salón de actos do Concello proxectarase en dobre sesión, capítuos novos da serie “PIB” e a curta “Barlavento” gravada cos veciños do concello de Vilar de Santos.

E xa pola noite, ás 22:30h. na praza do Concello actuarán The Phantom Dragsters e IGMIG “dúas bandas por estilo e calidade, máis innovadoras do que se fai no país e un DJ, para amosalas aos veciños e a todo o público que se achegue”, din dende a organización.

Completarán a oferta, postos variados nun mercado onde haberá dende produtos locais ata roupa de segunda man.

Pinchar para ver o video promocional:
Montando un festibar

Artigos relacionados

Back to top button