SanidadeÚltima hora

II gala benéfica contra o cancro, o 19 de decembro en Ourense

A música, a arte e o humor daranse cita no Auditorio
I gala contra o cancro  en Ourense. /Foto: Pili Reñones.
I gala contra o cancro en Ourense. /Foto: Pili Reñones.

A celebración da II gala benéfica contra o cancro de Ourense xa ten data. Será o venres 19 de decembro a partires das 20:30h no Auditorio Municipal de Ourense. Alí, unha vez máis a música, a arte e o humor reuniranse por unha obra benéfica: a loita contra o cancro.

Tal como explican dende a produtora “o ano pasado esta iniciativa recadou máis de 3.000 euros, nunha gala que o 21 de decembro de enchía o Auditorio Municipal de Ourense” coas actuacións musicais de artistas galegos de referencia como os ourensáns Daniel Minimalia e Emilio Rúa, Susana Seivane e Lucía Pérez, entre outros.

Proximamente, a Asociación Xuvenil Cultural As Canellas xunto coa produtora Claqueta Coqueta, organizadoras do evento, darán a coñecer o cartel que conformará esta edición, así como os puntos de venda donde se poderán adquirir as entradas solidarias.

Artigos relacionados

Back to top button