OurenseÚltima hora

A II Ruta de Mosteiros e Castelos, o 19 de agosto en Xunqueira de Ambía

Este evento turístico e gastronómico, que conta cuns 45 coches antigos inscritos, presentábase na mañá do 10 de agosto na Deputación de Ourense
Presentación da II Ruta de Mosteiros e Castelos na Deputación de Ourense.

Uns 45 vehículos antigos (de entre 1900 e 1969) teñen confirmada polo de agora a súa participación na segunda edición da “Ruta de Mosteiros e Castelos”, que se celebrará o día 19 de agosto no municipio de Xunqueira de Ambía.

Esta iniciativa turística e gastronómica, que pon en valor o patrimonio histórico da zona, presentábase na mañá do 10 de agosto no Pazo Provincial coa asistencia do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; a organizadora do evento, Beatriz Crespo; o alcalde e o concelleiro de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes e Rubén Seara, respectivamente.

O alcalde de Xunqueira de Ambía sinalaba que se trata dunha cita que “pretendemos consolidar no tempo, xunto con outras iniciativas que xa levamos moitos anos a desenvolver, para poñer en valor o patrimonio histórico do noso municipio”. Os coches que van a participar na ruta “deben ser anteriores ao ano 1969 para que vaian en consonancia coa ruta patrimonial que vamos a realizar”, engadía o rexedor.

Pola súa banda, a organizadora do evento referíase ao percorrido da ruta que comezará ás 12.00 horas en Xunqueira de Ambía e pasará polos municipios de Monterrei, Laza e Vilar de Barrio, e rematará ás 20.00 horas en Xunqueira de Ambía. “O prezo da inscrición, que tamén inclúe a comida e a cena, é de 45 euros”, explicaba Beatriz Crespo, e engadiu “ata o momento hai 45 inscritos non só de Ourense senón tamén de Tui, Vigo, A Coruña e Portugal pero, os interesados en participar, aínda poden anotarse ao longo de toda esta semana a través do número de teléfono 648051013 ou no Concello de Xunqueira de Ambía”.

Artigos relacionados

Back to top button