CulturaEducaciónÚltima hora

II Xornadas Cultura en Produción no CIFP A Farixa de Ourense

O programa inclúe tres charlas: o 28 de novembro, o 5 e o 12 de decembro no Salón de Actos do centro
Presentación das xornadas no CIFP A Farixa.
Presentación das xornadas no CIFP A Farixa.

Dende o módulo de Xestión de Espectáculos e Eventos do CIFP A Farixa, veñen de presentar as II Xornadas Cultura en Produción, unha iniciativa que pretende “achegar ao alumnado da Farixa os pormenores da produción audiovisual, de primeira man, a través da voz dos seus rotagonistas” tal como eles mesmos explicaron.

Almudena Dapena e Fabián Gómez, como representantes do grupo de alumnos encargados do proxecto comentaron que o as xornadas que levan por título ‘Feito en Ourense’ acollerán “tres dos proxectos máis ambiciosos que se veñen desenvolvendo na cidade nestes últimos anos co factor unificador da xuventude dos seus emprendedores”.

O emprendedor Simón Vázquez adiantou que teñen a intención de rematar a longametraxe “Las Brujas de E’Lente” a finais de 2015 xa que aínda lles quedan 10 minutos por gravar e o vindeiro 12 de decembro, día da súa charla, comentará entre outras cousas, todo o proceso de produción da película.

Na presentación das charlas os organizadores adiantaron asemade que o protagonista da cita deste venres 28 (a primeira das xornadas ás 11:30h. no Salón de Actos do CIFP) será Bruno Nieto, produtor, director e guionista que falará da súa webserie “El Quid”, un proxecto rodado integramente en Ourense que contou coa participación de moitas das caras máis coñecidas do audiovisual galego, e trata do cine negro dos anos 50. Ademais, comentará cousas do seu documental “Mil sorrisos e un perdón” emitido na pasada edición do Ourense Film
Festival.

As outras dúas charlas será o 5 e o 12 de decembro, gratuítas e abertas ao público en xeral.

Artigos relacionados

Back to top button