DeportesÚltima hora

III Carreira e Andaina Popular Trevinca, o día 19 de agosto

Nesta edición a proba, que se desenvolve na Veiga, terá un carácter benéfico a favor da Asociación Galega de Afectados pola ELA
Saída dunha edición anterior desta proba de atletismo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Con saída e meta da praza do Concello da Veiga, desputarase na tarde do 19 de agosto a III Carreira e Andaina Popular Trevinca-A Veiga. O programa deportivo comezará coa saída da andaina popular (cun traxecto de máis de 10.400 m) ás 19h. e, un cuarto de hora despois, terá lugar a carreira absoluta, na que os participantes afrontarán 8.500 m.

As inscricións poden realizarse a través da web http://www.carreirasgalegas.com/ Tamén haberá probas para os atletas cadetes (4.250 m), infantís (1.000 m), alevíns, benxamíns e prebenxamíns. Ademais nesta terceira edición, esta carreira popular valdeorresa terá un carácter solidario e colaborarase coa Asociación Galega de Afectados pola ELA.

A carreira presentábase na mañá do 16 de agosto no Pazo Provincial coa presenza do delegado da Federación Galega de Atletismo (FGA) e do seu director técnico, Manuel Rodríguez e Agustín González, respectivamente, do alcalde da Veiga, Juan Anta, dos representantes da Plataforma de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica, Rosa María García e Víctor Loira, e do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González.

Imaxe da presentación da carreira en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button