DeportesÚltima hora

A III carreira popular de Monterrei celebrarase o 6 de novembro

O evento deportivo forma parte das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo
Dende a esquerda, Marcos Meno, José Luis Suárez, Rosendo Fernández, Bernardino González e Óscar Gómez.
Dende a esquerda, Marcos Meno, José Luis Suárez, Rosendo Fernández, Bernardino González e Óscar Gómez.

O Pazo Provincial da Deputación de Ourense acollía na mañá do mércores 26 de outubro a presentación da terceira edición da carreira popular de Monterrei, que se celebrará o 6 de novembro. Esta edición, ademais, constitúe unha das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo. No acto de presentación participaban o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o asesor de Deportes, Bernardino González, o alcalde de Monterrei, Marcos Meno, e o presidente da asociación deportiva Limiactiva, Óscar Gómez.

O propio rexedor explicou que a proba deportiva discorrerá baixo o lema “Monterrei é 10”, en referencia á homologación conseguida para que sexa a 10ª carreira do circuíto galego de Atletismo. “Conseguimos que a carreira sexa de 10 ao ser homologada, federada e que cumpre todos os requisitos”, afirmou. Un apoio moi importante de cara a acadar os obxectivos marcados: “dinamizar o noso municipio e conseguir que os 10 quilómetros da nosa carreira popular sexan os máis rápidos de toda Galicia”. Tamén explicou Suárez que esta será a antesala da gran carreira de San Martiño, prevista para novembro na cidade de Ourense.

A saída da proba farase segundo categoría, comezando os infantís e cadetes ás 10:30 horas, os benxamíns e alevíns ás 10:50. Prebenxamíns sairán ás 12:35 e os pitufos ás 12:45 horas. Ás 11:15 sairán os participantes da proba absoluta: categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos, que farán o percorrido máis longo, o de 10 km. Para participar, haberá que inscribirse na web www.championchipnorte.com. Hai de prazo até o 3 de novembro. O custe para a carreira absoluta é de 5 euros, para os demais, de balde.

Artigos relacionados

Back to top button