EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A III Festa Coveira de Arcos reúne a mil persoas

A Festa Coveira de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) suma xa tres edicións e faino cunha gran resposta do público. Unhas mil persoas desfrutaban deste roteiro festivo polas adegas subterráneas desta localidade na tarde do 9 de xullo. O programa comezaba en torno ás sete da tarde coa apertura das 14 covas participantes este ano.

A partir de aí, o público podía percorrelas desfrutando dos seus viños, acompañados de numerosos e variados pinchos. Ademais o ambiente estivo animado pola música tradicional de Os Bertolini de Manzaneda e tamén polo folión Os Viticultores de Vilamartín.

Dende a organización desta III Festa Coveira vén de expresarse o agradecemento aos que “nos acompañastes na ruta, aos Bertolinis, aos Viticultores, ao Concello e aos que dunha ou outra maneira votastes unha mau”. Tamén se perdía perdón “polos fallos que pudemos cometer e a xente do pobo polas molestias ocasionadas” e prometíase “para o ano que vén intentaremos máis e mellor”. Ademais lémbrase que con iniciativas coma ésta a xente dos pobos pretende demostrar que “os pobos tamén existen”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button