CulturaCulturaÚltima hora

III Mascarada Ibérica Vilariño de Conso-Viana do Bolo, a finais de xaneiro

 

Das 26 mascaradas que está previsto que desfilen polas rúas destes municipios os días 28 e 29 de xaneiro, só oito serán do oriente ourensán
Diferentes máscaras na pasada edición da Mascarada ibérica./ Foto: Carlos G. Hervella.

Rituais de diferentes puntos da península ibérica daranse cita os días 28 e 29 de xaneiro en Vilariño de Conso e en Viana do Bolo. Será no marco da III Mascarada Ibérica que promoven a Comisión Entroido 2017 de Viana do Bolo, a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso en colaboración cos concellos de Viana e Vilariño e da Asociación de Mulleres Rurais de Viana.

 

A Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso, ademais de desfilar, será unha das organizadores deste encontro./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Serán un total de 26 os grupos que teñen previsto desfilar polas rúas destas dúas vilas do oriente ourensán. Delas tan só oito son do oriente ourensán: o Folión de Buxán, o Toro e o Xigante de Celavente, o Fulión da Mourela p’acá de Manzaneda, a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso e o Fulión de Mormentelo, así como catro folións de Viana do Bolo: o das Carrelas, o alternativo, o folión rural e o do casco antigo.

 

Boteiros dun dos folións de Viana do Bolo, na Mascarada do pasado ano en Vilariño de Conso./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Máscaras do Folión de Buxán, que voltará a estar presente na Mascarada Ibérica./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Xunto a eles haberá mascaradas doutros puntos de Galicia como os Volantes de Santiago de Arriba (Chantada), doutros lugares do norte de España como Asturias, Cantabria ou Zamora e tamén do norte de Portugal.

O programa da mascarada comezará ás 16:30h. do 28 de xaneiro en Vilariño de Conso e, ao día seguinte, ás 12h. haberá un novo desfile, desta vez en Viana do Bolo.

 

Cartel da III Edición da Mascarada.

Artigos relacionados

Back to top button