En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A inauguración do Mercaberto, en imaxes

Na tarde do 18 de agosto tiña lugar o acto inaugural do IX Mercaberto, que estará instalado no Paseo do Malecón do Barco ata ás 23h. do 19 de agosto. A mostra reúne 13 postos de sectores como téxtil, calzado, pastelería, perfumería ou complementos con prezos moi rebaixados.

A iniciativa está promovida polo Barco CCA en colaboración co Concello do Barco. No acto inaugural participaban a presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes, o alcalde do Barco, Alfredo García, e a concelleira de Comercio, Irene Dacal. Despois facían un percorrido polos diferentes expositores, entre os que está o da asociación benéfica Asfaval.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información e fotos:
https://osil.info/ix-mercaberto-abre-as-suas-portas-no-malecon-barquense/

Artigos relacionados

Back to top button