OurenseÚltima hora

Inaugúrase o novo edificio xudicial de Ourense

Esta infraestrutura xudicial supuxo un investimento de 18 millóns de euros e ten capacidade para 24 xulgados e 16 salas de vistas
Acto inaugural do novo edificio xudicial de Ourense.
Acto inaugural do novo edificio xudicial de Ourense.

o novo edificio xudicial de Ourense ten suposto un investimento de 18 millóns de euros e conta con máis de 14.000 metros cadrados distribuídos en nove plantas; ten capacidade para 24 xulgados e 16 salas de vistas, con espazos para os servizos de rexistro civil, Imelga, oficina de atención ao cidadán e á vítima, colexios profesionais, servizos de notificacións e embargos, etc. e dará servizo a máis de 200 profesionais.

O seu acto inaugural tiña lugar na mañá do 23 de febreiro na cidade das Burgas. Nel participaba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, ademais do alcalde ourensán, Agustín Fernández, e do presidente da Deputación, Manuel Baltar, entre outras autoridades.

Artigos relacionados

Back to top button