En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O incendio forestal de Alixo (O Barco) leva queimadas 64 hectáreas

Quedaba estabilizado ás 18:40h. desta tarde, segundo a información da Consellería do Medio Rural

Rozando ás sete da tarde quedaba estabilizado o incendio forestal que se iniciaba ás 12:44h. de hoxe na parroquia de Alixo (O Barco). Segundo as primeiras estimacións realizadas pola Consellería do Medio Rural, a superficie afectada é de 64 hectáreas, “das cales a maioría son de monte raso. No lugar levan participado 1 técnico, 4 axentes, 20 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 16 helicópteros”.

Por outra banda, Medio Rural tamén informa de que permanece estabilizado dende as 13:40 h. deste mediodía o incendio declarado ás 20,06 horas de onte, 18 de xullo, no municipio lugués de Ribas de Sil, parroquia de San Clodio. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 125 hectáreas, das cales a maioría son de monte arborado. No seu control levan traballado 9 axentes, 29 brigadas, 17 motobombas, 2 pas e 9 helicópteros.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button