ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Incendio tamén en Valdegodos (Vilamartín)

O lume, que se achegou ao recinto exterior da residencia da terceira idade, lograba controlarse e apagarse con rapidez

 

O lume segue tocando de cheo á parte oriental da provincia. Ademais dos lumes de Viana do Bolo e da Mezquita, ao redor 15:45h. desta tarde rexistrábase un novo incendio forestal, desta volta na zona de Valdegodos (Vilamartín de Valdeorras).

O lume producíase nas proximidades do Complexo Hosteleiro Paladium e achegábase ata o recinto exterior da residencia da terceira idade da Fundación Valdegodos. A rápida intervención dos equipos de emerxencia permitía controlar o incendio e, finalmente, apagar practicamente o lume, que afectou a unha pequena superficie, en torno ás seis da tarde.

Nas tarefas de extinción participaban os membros de Protección Civil de Vilamartín, os Bombeiros do parque comarcal, o GES Valdeorras, así como membros das brigadas e medios aéreos. Tamén se despraba ata o lugar a Garda Civil.

 

Fotos: Carlos G. Hervella, con excepción das dúas primeiras que son de Lolo López.

Máis fotos:
https://osil.info/imaxes-da-extincion-incendio-valdegodos/

Artigos relacionados

Back to top button