» 02/09/2010 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Setembro 2010 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE


Visitar Blog






Inicio » CULTURA » Ourense, á cola galega en bibliotecas ...
  
Reportaxe
» Outro xeito de expoñer
Valviñart 2010-CH.Paladium en Vilamartín
Ourense, á cola galega en bibliotecas públicas
 Engadido: 02/12/06      



A provincia conta co único bibliobús da comunidade autónoma

Hai poucas bibliotecas; o volume de fondos é relativamente pequeno na maior parte delas e os préstamos están en niveis medios baixos. Tampouco o gasto global da Administración nin o número de adquisicións presentan un panorama alentador na provincia.

Os datos no que atinxe a uso e disponibilidade de recursos bibliotecarios sitúan a Ourense no vagón de cola de Galicia e do Estado na meirande parte dos indicadores. Máis inalcanzables son aínda as medias europeas en ratios coma a transformación das bibliotecas tradicionais en multimedia, unha das últimas liñas de desenvolvemento recomendadas pola EU. En Ourense, os  recursos bibliográficos que hai son escasos e non están ben utilizados polos cidadáns.


A dispersión da poboación no rural é un factor que xoga en contra en Ourense. “A rede municipal non está ben desenvolvida”, sinala Elisa López, directora da Biblioteca Pública Nodal de Ourense, “e temos que atender a usuarios de concellos próximos á capital”.

De feito, as carencias na rede son as máis evidentes de toda a comunidade: só o 68% dos concellos da provincia contan cunha biblioteca (fronte ao 92% en Pontevedra ou o 87% na Coruña). E a porcentaxe de poboación que non dispón deste servizo en Ourense acada os 50.107 habitantes (o 15% do censo, cinco veces máis ca en Pontevedra ou na Coruña). Amais, o 60%das bibliotecas da provincia teñen menos de 100m2 e non pasan de ser puntos de servizo.

O fondo bibliográfico tamén é escaso. O 78% conta con menos de 2.000 volumes; o 21% consegue superar os 7.500 e só o 1% conta cun fondo por riba dos 20.000 libros. Ás 77 bibliotecas abertas na provincia, hai que engadir a existencia dende hai máis de 20 anos dun bibliobus que atende as necesidades daquelas áreas que non dispoñen de recursos bibliográficos propios.

Texto: R.R./Ourense       Foto: Eanes

(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info


Visitas Online: 8

Visitas hoxe: 496, de un total de: 520 visitantes, dende 2010-09-01

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
12 Agosto 2010
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.