Pablo entrevistado pola Cadena SER
|
Engadido: 01/09/08
|
|
|

Pablo estase a facer famoso en China. A súa historia empeza a ser coñecida pola Vila Olímpica e comenza tamén a chegar ós medios do Estado español. A Cadena SER fíxolle unha entrevista a “un ourensán que está en China coa delegación Siria”, relataba o xornalista Manolo Lama. Segundo a cadena estatal, Pablo é xa de sobra coñecido entre os atletas españois, “a estrela da Vila Olímpica”, e este afecto que lle profesan ó barquense amosouno o feito de que durante o desfile de inauguración toda a delegación española parouse diante de Pablo (en zona VIP gracias a un pase facilitado por Garbajosa) para saudalo, como retransmitiron na SER e como el mesmo relata na súa crónica da inauguración publicada neste xornal. Pero Pablo foi ademais “o causante” do retraso no desfile inaugural xa que, ó pararse a saudalo, a delegación española saíuse do protocolo e provocou unha pequena demora no acto. FIRMA: O Sil//Redacción
|