Alternative content

Get Adobe Flash player

» 25/05/2013 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Maio 2013 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » CASTROS » Foxos na rocha viva
  
Reportaxe
»
As minas de feldespato de Xinzo de Limia no lugar de Faramontaos non se van levar a cabo, segundo fontes ecoloxistas, que aseguran que grazas as xestións realizadas polo Valedor do Pobo, o rues José Julio Fernández Rodríguez, se paralizou o proxecto.
Foxos na rocha viva
 Engadido: 02/07/10      



O Castelo de Valencia do Sil, excavado polos Escarbadores na década dos 60

Os elementos defensivos marcan o terreo. Terrapléns, muros de pedra e foxos delimitan un espazo antigamente poboado polos habitantes do Castelo de Valencia do Sil. Situado en esporón ou media ladeira, a uns 700 metros sobre a localidade vilamartinesa do mesmo nome, dende este castro conséguese un dominio visual da parte baixa do val, o que lles confería ós seus poboadores un control estratéxico.

 

Os castros constitúen o modelo de hábitat que caracterizou o primeiro milenio antes de Cristo e representan, segundo os expertos, un dos segmentos máis signiciativos do Noroeste peninsular. A cronoloxía do Castelo de Valencia do Sil está por determinar, aínda que si está constatada a súa ocupación durante a época romana e mesmo tardorromana. Dos existentes en Valdeorras este asentamento é dos poucos que teñen sido obxecto de excavacións, neste caso por parte dun grupo de afeccionados ó mundo da arqueoloxía que naceu na comarca nos anos 60: Os Escarbadores.

 

Estaba coordinado, principalmente, por Ricardo Mosquera, profesor do instituto do Barco, e por Joaquín Gurriarán, se ben contaban co asesoramento de investigadores recoñecidos como Fermín Bouza Brey, Ferro Couselo  ou Xaquín Lorenzo. Foi precisamente no Castelo onde realizaron a primeira das súas campañas arqueolóxicas.

 

Texto: Ángeles Rodríguez     Foto: G.A. Os Escarbadores. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 22, de un total de: 1998151 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
24 Maio 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.