Alternative content

Get Adobe Flash player

» 20/05/2013 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Maio 2013 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » CASTELOS » Obra señorial e defensiva
  
Reportaxe
» Catro anos máis no cargo
A asemblea do IEV ratifica a Aurelio Blanco como presidente
Obra señorial e defensiva
 Engadido: 04/07/10      



O Castelo dos Sarmiento en Ribadavia, símbolo do poder medieval, está actualmente en restauración

 Din que debeu ser unha das maiores fortalezas medievais de Galicia e que foi cedido, xuntamente co señorío, por Enrique II a Don Pedro Ruíz de Sarmiento, conde que foi de Ribadavia. Está encravado nunha zona elevada dende a que antigamente podía controlarse os arredores da desembocadura do río Arenteiro no Miño, nun entorno moi próximo á fronteira con Portugal e á provincia de Pontevedra.

 

Nas súas orixes este encrave, convertido despois en fortaleza, era un lugar de enterramento. De feito aínda poden verse restos dunha importante necrópole de pedra altomedieval, datada no século IX, ademais de cadaleitos antropoides da antiga capela de San Xes, primitiva edificación que se erguía neste mesmo lugar antes da construcción do castelo.

 

Do antigo esplendor deste conxunto fortificado dan testemuño os restos que aínda hoxe se conservan na capital da comarca do Ribeiro. “Arcos do Románico pero principalmente góticos vense no seu interior, coma tamén torres da muralla, uns cadrados, outros circulares; pero na parte máis alta non se encontra a torre da homenaxe habitual, senón a cheminea da residencia señorial. Ó Norte está a entrada principal en arco semicircular sobre a que campea o orixinal escudo da familia, entre filacterías con letra gótica”.

 

Esta é a descrición que Francisco Javier Limia Gardón fai da paisaxe medieval que ofrece o castelo nunha guía sobra a comarca do Ribeiro. Bótanse en falta, sen embargo neste conxunto construtivo os elementos defensivos propios deste tipo de arquitectura, como é o caso das almeas ou a torre de homenaxe. O castelo ribadaviense foinos perdendo co paso dos séculos.

 

Texto: Ángeles Rodríguez      Foto: Carlos G. Hervella

(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 16, de un total de: 1998032 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
22 Abril 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.