Alternative content

Get Adobe Flash player

» 24/05/2013 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Maio 2013 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » CASTELOS » Vixía pétreo sobre o Bibei
  
Reportaxe
» Catro anos máis no cargo
A asemblea do IEV ratifica a Aurelio Blanco como presidente
Vixía pétreo sobre o Bibei
 Engadido: 04/07/10      



A Torre da homenaxe de Viana do Bolo, emblema medieval da vila, acolle un museo etnográfico dende 1991

Coroa a paisaxe e, dende hai séculos, o devalar da vila de Viana do Bolo. Desta fortificación medieval tan só se conserva na actualidade a torre da homenaxe e algúns restos do que foi a súa muralla. A súa traxectoria ten ido parella á da vila. De feito, este encrave, de grande valor estratéxico xa que permite controlar visualamente o río Bibei e unha ampla encrucillada de camiños, era antigamente un castro.

 

Din as lendas locais que Viana do Bolo foi fundada polos emigrados da guerra de Troia no ano 1119 antes de Cristo, pero a realidade é que os restos arqueolóxicos revelan a existencia dun asentamento castrexo no entorno sobre un grande espolón alongado que sobresae na marxe dereita do cauce do río Bibei. Zona na que séculos despois sería edificado o castelo vianés.

 

En opinión de Otero Pedrayo “o descubrimento en 1728 dunha placa de bronce no lugar onde se asenta Viana actualmente atestigua a existencia dun pequeno castro, seguramente o primeiro núcleo de poboación”, segundo a información achegada dende o Concello de Viana. Aínda así o arqueólogo vianés Manuel Xusto considera que “estos límites naturais aproveitados para a fundación da fortificación medieval, non parecen ter correspodencia cos do antigo castellum, debido a súa grande extensión (51.250 m2).

 

E así, a observación da fotografía aérea, ó tempo que a visualización do lugar dende cotas altas, individualízanos unha zona de planta oval en torno á torre da homenaxe medieval, que ben puidera corresponderse coa croa dun castro”, segundo explica no seu traballo Territorialidade castrexa e galaico-romana na Galicia suroriental: a terra de Viana do Bolo. Este investigador cre que a “hipotética fortificación castrexa enmarcaríase, primeiramente dende o sector O. ata o N. NE., polas actuais edificacións da Rúa do Santo Cristo (as cales se apoian ou están moi preto dos muros antigos aludidos). Logo, desde o S. e ata o N.E. o límite estaría en torno ó chamado Camiño do Castelo”.

 

Xa en época medieval en torno ó ano 800 levantouse a fortaleza vianesa como protección fronte ás incursións musulmáns e resultou destruída nas mesmas. Ó monarca Fernando II, que repoboou a vila, atribuéselle no ano 1180 a reconstrucción da fortaleza vianesa. Dese xeito ó longo da etapa medieval o castelo converteuse en testemuña, primeiro do poder feudal e, despois, da protección real conseguida pola vila. Os monarcas concedéronlle foros como recompensa pola axuda prestada durante a Reconquista.

 

Texto: Ángeles Rodríguez     Foto: Carlos G. Hervella

(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).

 





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 1, de un total de: 1998108 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
22 Abril 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.