Alternative content

Get Adobe Flash player

» 25/05/2013 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Maio 2013 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » EN CLAVE INFORMATICA » Tecnoloxía ó alcance de tod@s
  
Reportaxe
»
As minas de feldespato de Xinzo de Limia no lugar de Faramontaos non se van levar a cabo, segundo fontes ecoloxistas, que aseguran que grazas as xestións realizadas polo Valedor do Pobo, o rues José Julio Fernández Rodríguez, se paralizou o proxecto.
Tecnoloxía ó alcance de tod@s
 Engadido: 09/06/09      

Artigo de Román Gómez Herrero

Tódolos días podemos atopar nos diversos medios informativos, noticias relacionadas co mundo tecnolóxico, especialmente coa informática. Faise tan evidente, que non podemos negar esa presenza. Pero a cuestión é se poderemos manexar esa tecnoloxía, ou a que veña logo.

 

É dicir, cómpre porse rápidamente a informarse sobre o tema. Un bo comezo para as persoas que non están na onda tecnolóxica, é o de se atrever a empregar os reproductores de música portátiles máis coñecidos coma “mp3”, ou aventurarse a emprega-lo computador. Si!

O computador! Ese “electrodoméstico” pode dar moito máis de si que escribir documentos, envialos por correo electrónico, ou xogar.

 

Por exemplo, grazas á extensión “DownloadHelper” para o navegador web Firefox, o máis empregado en Europa e software libre, e á web SeriesYonkis.com, poderemos ver no PC as nosas teleseries favoritas ou mesmo descargalas. Cun PC poderemos facer cálculos soberbios en menos dun segundo, ou tamén poderemos descargar todo tipo de contidos ó máximo que nos permita a nosa conexión a internet empregando programas P2P coma o utorrent, ou “FTP” coma o Filezilla... en fin. As posibilidades son infinitas, e o enumeralas é ridículo.

 

Sobre todo grazas á conexión a Internet, poderemos gozar da información que nos brindan milleiros de webs coma a Wikipedia, unha enciclopedia libre que non ten nada que envidiar ó Larousse ou á Encarta. Outras webs que nos poden proporcionar sustanciosos contidos son GoEar; similar ó YouTube, pero no canto de vídeos, trátase dunha páxina que serve audio, ou “CDDB”, unha base de datos de discos musicais universal.

 

E cada vez é mellor e máis interesante a oferta de software de calidade exento de licencias que podemos empregar en medio de tanta informática. Este software ten as vantaxes de que os usuarios non teñen que pagar as licencias de uso, ou “piratear” os programas infrinxindo así diversas leis. Este tipo de programas acostuman a ser gratis, a pesar de que non teñen por qué selo.

 

Outra vantaxe sería o feito de contar cun respaldo de desenroladores ó longo do mundo que están detrás da manufacturación do programa, por que, ó ser aberto. Un exemplo de software libre son os sistemas operativos LINUX, entre os cales está o cada vez máis coñecido “Ubuntu”, ou o desenrolado co respaldo da Xunta de Galicia “Galinux” (Os governos autonómicos de Extremadura e/ou Andalucía xa contaban con este tipo de software autodeseñado, como son o LinEx, ou o GuadaLinex, respectivamente).

 

Estes sistemas operativos son coma o Windows XP que pode ter calquera na casa, pero gratis, máis seguros, máis personalizables, e cunhas cantas diferencias técnicas.  Tamén é software libre o coñecido navegador web “Mozilla Firefox”, o máis empregado en Europa, como xa dixen, e que nun principio estivo baseado no outrora famoso navegador “Netscape”.

 

O asunto é que hai mil formas de se conectar a este novo mundo dixital, no que, non hai escusa para non aprender un pouco máis cada día, pouco a pouco. Porque non é máis complicado que cociñar ou limpa-lo chan, e, por qué non?

 

A xente adoita crer que precisa dun televisor na casa. Coido que vai sendo hora de cambiar certos hábitos de consumo, e considerar cambiar a TV por un PC, que é o futuro, e aparte de tódalas beneficiosas características que poden aportar, os PCs pódense atopar dende módicos prezos ó redor dos 100 euros, en certos sitios, por exemplo.

 





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 3, de un total de: 1998132 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
24 Maio 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.