» 08/09/2010 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Setembro 2010 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE


Visitar Blog






Inicio » O RIO QUE NOS UNE » Na alta montaña
  
Reportaxe
» Varios podiums na sexta edición
O C.C. Maceda celebra a Festa do Mini BTT
Na alta montaña
 Engadido: 18/01/10      



A Veiga, co Macizo de Trevinca, teito de Galicia, como referente turístico

A escrita do glaciarismo galego está impresa no Macizo de Trevinca. Son numerosas as súas pegadas, teñen forma de val glaciar, como o do río Xares, ou deixa o seu acento en engaiolantes lagoas como as da Serpe e do Ocelo, no municipio da Veiga. Son a memoria do pasado xeolóxico que modelou a paisaxe valdeorresa que hoxe coñecemos, pero tamén atractivos de gran interese científico, cultural e educativo e mesmo socieconómico a través do turismo. No seu estenso territorio de 290,5 km2 atópase o punto máis alto de Galicia, Pena Trevinca con 2.127 metros de altura.

 

A alta montaña é sen dúbida un referente para o concello da Veiga, declarado de interese turístico hai case unha década. E é precisamente o turismo unha das súas grandes apostas. Pero tamén posúe outros engados naturais como o encoro de Prada ou a oferta de rutas de sendeirismo que permiten descubrir fermosos recunchos do municipio.

 

E, por suposto, a súa riqueza etnográfica, que se descobre simplemente paseando por pobos como Lamalonga (case un museo ao aire libre obra do artista Pepe de Barrio), Vilanova, Corzos ou Ponte.  Ou xa máis profundamente na súa rede etnográfica que abrangue o tear da Ermida (Vilaboa), a forxa comunal e o muíño dos Carballos (Corzos), o forno de Espiño, a palleira do Xardín (Requeixo), o tear da Camila (Meixide), o muíño e a ponte das lastras (Edreira) e o muíño de Benigno (Xares).

 

Tamén a caza é outro dos reclamos deste entorno valdeorrés. Cada outono é posible asistir ao espectáculo natural da berrea do cervo. A referencia sen dúbida en canto a concentración de cervos en Galicia é, ademais do Macizo Central, o Tecor Montes de Xares da Veiga, pero xa como recinto cercado. Foi un dos primeiros coutos de Galicia e púxose en marcha hai case 20 anos. Ten unha superficie valada dunhas 2.000 hectáreas que foron repoboadas con cervo, pero tamén con outras especies cinexéticas de caza maior como o gamo e o muflón, ademais de conservar o corzo e xabarín autóctonos.

 

A gandeiría, en concreto o gando bovino é unha das principais actividades agrícolas da Veiga, cun total de 69 explotacións e unhas 1.512 cabezas (IGE-CMR, 2008), xunto coa forestal. Neste municipio, no que residen 1.130 habitantes (INE, ano 2008), existen 61 empresas, das que 21 sitúanse no ámbito da construción e catro na industria; mentres que a gran maioría, un total de 41 empresas, correspóndenlle ao sector servizos (datos de Ourense en cifras 2008, da Confederación Empresarial de Ourense, CEO). É neste sector no que conta con representación veiguesa a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA).

 

Esta entidade constituíase un 30 de marzo de 1990 para “representar, xestionar, fomentar e defender os intereses empresariais, transmitindo ao conxunto da sociedade a importancia e o achegamento entre as empresas da comarca e realizando propostas que repercutan no crecemento económico e na xeración de emprego”, segundo AEVA.

 

Texto: O Sil/Redacción

(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).

 





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info


Visitas Online: 6

Visitas hoxe: 224, de un total de: 1355466 visitantes, dende 2002-11-01

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
08 Setembro 2010
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.