Un total de 22 membros conforman ata o de agora a Asociación Ruta do Viño Monterrei, posta en marcha o pasado mes para promocionar as adegas e os viños da Denominación, impulsando ademais o enoturismo e contribuíndo á mellora económica e turística da comarca de Verín.
13 adegas, catro establecementos de hostalería e restauración, asociacións de empresarios e hostaleiros, ademais do Consello Regulador e o Concello de Verín estarán dentro desta Asociación, que foi presentada polo presidente do Consello, Antonio Ángel Méndez Atanes e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, nun acto no que tamén estivo presente o concelleiro de Festexos verinés, Víctor Baladrón.
Texto. PGL/Ourense
(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).