O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, realizou a finais do pasado mes unha visita institucional a Portugal onde, ademais de promocionar o Xacobeo 2010, mantivo diversas reunións para falar dos intereses comúns de Galicia e Portugal en Europa así como da unión económica e por infraestruturas de ambos territorios.
Unha das súas primeiras visitas foi a do Centro Galego de Lisboa onde convidou aos presentes a “defender, promover e vivir” o Xacobeo. Fíxoo, asegurou, porque “aquí nace un dos camiños” e pedíu aos presentes que “imaxinen nel outros camiños novos: camiños económicos, culturais, de cooperación, camiños políticos e camiños espirituais”.
Texto: PGL
(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).