» 08/09/2010 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Setembro 2010 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE


Visitar Blog






Inicio » POLITICA » Victoria para Baltar
  
Reportaxe
» Varios podiums na sexta edición
O C.C. Maceda celebra a Festa do Mini BTT
Victoria para Baltar
 Engadido: 04/02/10      



Manuel Baltar convértese no presidente do PP de Ourense co apoio do 60% dos compromisarios

Subíu con enerxía ao escenario e desplegou toda a súa forza nun discurso chamado a convencer aos asistentes (se quedaba algún por decidirse) de por qué optar pola súa candidatura. Manuel Baltar Blanco foi elexido novo presidente do PP de Ourense no XV Congreso Provincial do partido, celebrado no Paco Paz de Ourense o 30 de xaneiro. Baltar sucede a outro Baltar, José Luis, o seu pai, que se despedíu do cargo logo de preto de 20 anos ostentándoo.

 

1.212 compromisarios estaban chamados a elexir ao novo presidente do partido, aínda que finalmente foron 1.156 os que exerceron o seu voto. Con 723 Manuel Baltar conseguía a maioría dos apoios e colocarse na presidencia, fronte aos 433 do seu rival, Juan Manuel Jiménez Morán.

 

Os dous expuxeron ante o auditorio os puntos principais dos seus programas. Morán apostaba por un partido “que represente modernidade e competitividade, que estimule a participación, un partido das bases, que represente o realismo e o achegamento á xente”. Unha formación na que “sumamos todos” e onde as comarcas “merecen un espacio de protagonismo”.

 

Baltar Blanco manifestaba que a provincia “é o máis importante” e pedía aos militantes “actuar lealmente con Ourense”. O candidato falou de futuro e asegurou que a Deputación seguirá tendo ao presidente “ata que el queira”.

 

Tras as exposicións, chegaron as votacións, e os compromisarios deron o seu apoio maioritario a Manuel Baltar. Unha vez proclamado presidente, este apelou a un partido “magnífico, leal, renovado e traballador” para “construír avanzando”. Comprometeuse a “facer deste partido o dos ourensáns” e a “defender os intereses de Ourense”. 

 

É precisamente Ourense un dos catro eixes sobre os que xira o seu programa e ao que se suman “as persoas, o galeguismo e o equipo”. Nestes intereses incluíu o “reequilibrio” do que a provincia dixo “está farta de que lle falen”. Baltar indicou que a “igualdade deber ser real e non só de boquilla”. Tamén fixo unha aposta “pola emigración” e “pola cultura” anunciando que pedirá que a cidade de Ourense se convirta no 2020 na Capital Europea da Cultura.

 

Texto: PGL/Ourense    Foto: Carlos G. Hervella

(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info


Visitas Online: 7

Visitas hoxe: 224, de un total de: 1355466 visitantes, dende 2002-11-01

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
08 Setembro 2010
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.