» 08/09/2010 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Setembro 2010 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE


Visitar Blog






Inicio » SANIDADE » As cifras ourensás
  
Reportaxe
» Varios podiums na sexta edición
O C.C. Maceda celebra a Festa do Mini BTT
As cifras ourensás
 Engadido: 04/02/10      



Os hospitais da provincia fan balance de listas de espera



No Hospital Comarcal Valdeorras non existía a 31 de decembro de 2009 ningún paciente de “prioridade 1” (a máxima) esperando para ser intervido cirurxicamente. “Nese tipo de prioridade a lista de espera é cero, mentres que a nivel galego rebaixouse de 30 a 28 días. Polo tanto, os resultados no noso centro son excelentes”. Así o destacaba a xerente do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV), María Jesús Magadán durante o balance do 2009 das listas de espera no centro realizado a finais de xaneiro.

 

Magadán sinalou asemade que no hospital do Barco leváronse a cabo un total de 2.030 intervencións cirúrxicas, fronte ás 2.158 do 2008. No que atinxe á listas de espera en consultas, o HCV atendeu un total de 61.970, das cales 16.511 foron de primeira consulta.

 

De cara ao 2010, a xerente adiantou que o centro valdeorrés terá como obxectivos “seguir aumentando o rendemento cirúrxico e a actividade en xornada ordinaria” e “desenvolver actividade extraordinaria segundo necesidades”.

 

No que respecta ao Hospital de Verín a súa directora xerente, Pilar Fraga, anunciou que o centro diminuíu o tempo de espera media para unha intervención cirúrxica en trece días, de 60 a 47 días. A xerente atribuíu este descenso “ao labor de xestión das listas levada a cabo polo servizo de Admisión e da dirección do hospital”. No centro os pacientes de prioridade 1 teñen unha espera media de 20 días.

 

Texto: O Sil/Redacción    Foto: Carlos G. Hervella

(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info


Visitas Online: 9

Visitas hoxe: 232, de un total de: 1355474 visitantes, dende 2002-11-01

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
08 Setembro 2010
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.