Alternative content

Get Adobe Flash player

» 21/05/2013 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Maio 2013 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » FORO S.XXI » Vellas e novas demandas
  
Reportaxe
» Catro anos máis no cargo
A asemblea do IEV ratifica a Aurelio Blanco como presidente
Vellas e novas demandas
 Engadido: 03/05/10      



As infraestruturas e a mala situación do transporte público, entre os puntos debatidos polo Foro Valdeorras

Partimos dun documento de traballo conxunto e consensuado, no que tentamos priorizar demandas, algunhas das cales son históricas, outras xurdiron novas”. A voceira do Foro Valdeorras Século XXI, María Carmen Rodríguez, iniciaba así a rolda de prensa na que daba conta das conclusións da xuntanza desta entidade o 16 de abril no salón de plenos do Concello de Vilamartín.

 

 Sobre a mesa, un variado conxunto de reivindicacións relativas a cuestións como as infraestruturas, o transporte, o patrimonio, ou a seguridade que se plasmaron, logo de dúas horas e media de reunión, nun documento conxunto e nunha serie de accións que porá en marcha a comisión de seguemento do Foro. Ademais, o anuncio de que a vindeira reunión terá como escenario Petín, dentro duns meses.

 

É o sexto encontro deste tipo que se desenvolve dende a creación deste marco de diálogo valdeorrés que reúne dende o 2007, por iniciativa da Asociación Empresarial Valdeorras (AEVA), e cada certo tempo a representantes empresariais, políticos e sindicais nun municipio diferente da comarca. Nesta ocasión participaron ou estiveron representados os concellos do Barco, A Rúa, Carballeda, Petín, Vilamartín, Larouco e A Veiga, así como a deputada autonómica María Carmen Acuña, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Moisés Blanco; os sindicatos CIG e UGT, ademais de membros de AEVA e da Asociación Galega de Pizarristas (AGP). Desta volta incorporouse ao Foro o representante da Asociación de Hostelería e Turismo de Trevinca (Trevihost), Carlos López.

 

Un dos temas máis analizados ao longo do encontro foi o das infraestruturas, cunha mención especial á A-76, cuxa importancia para o desenvolvemento da zona puxeron de relevo todos os membros do Foro. E, neste senso, acordouse reactivar a Plataforma Pro-Autovía A-76 que integraba aos concellos de Monforte, O Barco e Ponferrada, así como aos axentes socioeconómicos destes municipios. O Foro proporá que a devandita plataforma reivindique a licitación do proxecto de execución  da autovía antes de que remate o ano 2010.

 

Outra “preocupación latente da comarca é a reparación urxente do firme da estrada N-120 no treito de Valdeorras ao Bierzo”, salientaba a voceira do Foro, “tendo en conta ademais que só se trata de realizar traballos de mantemento”. Asimesmo, daráselle traslado ao Ministerio de Fomento da necesidade de que se “axilice a execución do proxecto da obra do enlace entre a estrada N-120 e a N-536”.

 

Texto: Ángeles Rodríguez     Foto: Carlos G. Hervella

(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 12, de un total de: 1998050 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
22 Abril 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.