Xa está todo preparado. O 20 de novembro pola mañá arrinca a segunda edición do Festival A Rebusca, organizado pola asociación que leva o mesmo nome, que achegará ata a vila de Manzanda unha morea de actividades ao longo do día para tódolos públicos, así como a mellor música en directo para disfrutar dun ambiente festivo, tentando difundir a cultura entre os veciños da vila e todos aqueles visitantes que se acheguen.
Segundo os datos da organización, a pasada edición tivo unha asistencia de 800 persoas das catro provincias galegas e de Castela e León e nesta ocasión, a oferta é aínda máis completa.
O plato forte da programación comezará despois da cea popular, cos concertos que nesta ocasión achegan ata Manzaneda a cinco grupo, sen contar aos anfitrións, Os Cuchufellos que tamén tocarán. Esta segunda edición do festival colle un carácter internacional coas actuacións de Melech Mechaya e Humaniti.
A primeira banda chega dende Lisboa para ofrecer ao público “unha festa pola música klezmer, cunha sonoridade contaxiante que une aroma árabes e ritmos ciganos á tradición xudaica” tal como explican dende A Rebusca. A segunda (que actuará en Manzaneda por segunda vez) está formada por tres músicos, artesáns e viaxeros franceses que presentan cancións de rúa francesas, tradicional balkánico, reggae...
Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).