Galicia, Castela e León e o norte de Portugal, forman parte da Macrorrexión Europea RESOE (Rexións do Suroeste Europeo). O grupo de traballo de Medio Ambiente co director xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural ao fronte, mantiña a finais de marzo a primeria xuntanza en Oporto (Portugal).
Os grupos de traballo foran presentados un día antes polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Alfonso Rueda en Bruxelas, e durante a reunión, a comunidade galega presentou tres proxectos: a rehabilitación de áreas forestais afectadas polo lume, as medidas de control do nematodo do piñeiro e a conservación, restauración e valorización de lagoas dentro do todo o territorio incluído na zona de actuación.
Texto: O Sil/Redacción
(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).