Será o vindeiro 10 de xuño con saída dende o Hospital Comarcal Valdeorras
A finais de outubro o oriente ourensán apoiaba nas rúas barquenses a sanidade pública. Apenas oito meses despois a Plataforma en defensa da sanidade pública vén de convocar unha nova manifestación para o domingo 10 de xuño ás oito e media da tarde, con saída dende o Hospital Comarcal Valdeorras. “É un momento crucial para loitar e se manifestar en prol dunha sanidade pública e gratuíta para todos e todas”, din dende esta plataforma.
Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella