Alternative content

Get Adobe Flash player

» 19/05/2013 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Maio 2013 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » EDITORIAL » A UE e as zonas de ...
  
Reportaxe
» Catro anos máis no cargo
A asemblea do IEV ratifica a Aurelio Blanco como presidente
A UE e as zonas de fronteira
 Engadido: 09/07/12      

Os concellos xa tiñan que ter hai moitos anos técnicos propios que lles asesorasen e informasen da financiación que vén de Europa


Fondos estruturais, política de cohesión ou cooperación transfronteiriza son termos que, nun primeiro momento poden soar lonxanos. Pero, o certo é que as decisións que se toman na Unión Europea en cada un destes ámbitos afectan, e moito, ao noso día a día, para ben ou para mal. E máis no caso de zonas que non están situadas nos centros económicos e políticos da Unión Europea.

 

Falamos de normativas, pero tamén de financiación. No marco da negociación do programa comunitario 2014-2020, as entidades que representan ás zonas de fronteira europeas reuníanse os días 25 e 26 de xuño na Coruña no “I Congreso sobre cooperación intelixente: a cooperación territorial ao servizo da integración europea: cidades e rexións unidas a través das fronteiras”.

 

Ao longo destas dúas xornadas expertos e altos representantes da Unión Europea abordaron as problemáticas das zonas de fronteira e analizaron cómo conseguir que as súas demandas se inclúan na programación de fondos europeos para o período 2014-2020. As conclusións deste foro, organizado pola Conferencia de Redes Europeas Transfronteirizas e Interrexionais de Cidades (da que forma parte o Eixo Atlántico) plasmaranse nun documento que en outubro se fará chegar á Comisión Europea.

 

O periódico O Sil foi o único medio da Galicia interior acreditado neste congreso, no que participaron unhas 300 persoas de diferentes puntos de Europa. Entre os ponentes deste foro estivo a eurodeputada do BNG Ana Miranda, a única representante galega na Comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento Europeo.

 

 Con ela conversamos na entrevista deste número para coñecer de primeira man como se están a desenvolver os debates sobre tres reformas que agora mesmo están en marcha en Europa: a dos fondos de cohesión 2014-2020, a da Política Agraria Común (PAC) e a da Política de Pesca Común. Miranda analiza tamén as liñas de financiación polas que aposta Europa en ámbitos como o turismo ou a natureza, e o importante papel que podería xogar nelas Galicia, tendo en conta os seus recursos.

 

A economía ocupa tamén boa parte das páxinas desta edición de xullo. Nelas recollemos as dúas distincións que Autoneum lle vén de outorgar á fábrica ruesa e que a convirten nunha das mellores do mundo deste grupo empresarial. Tamén, a reelección de Javier Rodríguez como presidente de AEVA.

 

Asemade, xa en viticultura, facemos balance do resultado das eleccións dos consellos reguladores da provincia, que veñen de elexir tamén aos seus presidentes. E iso sen deixar de lado sectores como o turismo, cunhas páxinas especiais, ou o da moda, ao que adicamos un amplo monográfico de 56 páxinas a todo cor e cun novidoso formato arrevistado. Tampouco esquecemos o feito de estar en pleno verán e cun apretado calendario de festexos, que poden seguirse con detalle nesta edición. Ademais recollemos os éxitos colleitados polo deporte valdeorrés nun intenso mes de xuño.

 





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 18, de un total de: 1998011 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
22 Abril 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.