A falta dunha reunión, e tras catro meses de negociación, patronal e sindicatos dan por feito que o novo acordo marco da lousa se asinará en breve. A derradeira xuntanza da mesa negociadora será o 3 de xullo e nela farase un repaso ao documento xa consensuado.
Nela so participará un membro por cada unha das partes: patronal, UGT e CCOO. “Se hai acordo, xa se porá a data para a sinatura”, di José Paradelo, responsable comarcal de UGT. Dende CCOO, Luis Alba, confía en que se traten algúns dos puntos que se deixaron pendentes ao ir avanzando a negociación, como é caso da xornada laboral.
Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).