Alternative content

Get Adobe Flash player

» 24/05/2013 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Maio 2013 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » EDITORIAL » Olivicultura galega, tradición e futuro
  
Reportaxe
»
As minas de feldespato de Xinzo de Limia no lugar de Faramontaos non se van levar a cabo, segundo fontes ecoloxistas, que aseguran que grazas as xestións realizadas polo Valedor do Pobo, o rues José Julio Fernández Rodríguez, se paralizou o proxecto.
Olivicultura galega, tradición e futuro
 Engadido: 07/01/13      

Comeza o 2013 sen moito entusiasmo, pero xa se superaron situacións
peores. Con confianza, ilusión e traballo, sairemos adiante


Ata hai apenas unha década a comunidade galega non aparecía no mapa de rexións produtoras de aceite de España. Sen embargo, o cultivo de oliveiras en Galicia vén xa, cando menos da época romana, se ben sufriu un forte revés na Idade Media, coa prohibición deste cultivo por parte dos Reis Católicos. A pesar diso, a tradición olivareira continuou en determinadas zonas dos vales de Quiroga e de Valdeorras, aínda que factores como a emigración no rural, a piques estiveron de facela desaparecer.

 

 Unha das primeiras comarcas en rescatala foi Quiroga na década dos 90, logo, en torno ao ano 2007, comezaron a darse pasos de cara a súa recuperación en Ourense e noutros puntos de Galicia.

 

Hoxe existen varias empresas que elaboran e comercializan aceite galego e outras que están a piques de sacar ao mercado a súa primeira produción, como é o caso de Aceites Abril. Hai novas plantacións, algunhas de castes autóctonas e outras de varidades de fóra como a arbequina ou a picual, e rexorde o interese no rural por un cultivo que, segundo os expertos, non só permite manter limpas as fincas, senón que tamén reporta un beneficio e resulta compatible con outras producións da Galicia interior como é o caso do viño ou da castaña.

 

 Sobre este rexurdir da olivicultura, con criterios de calidade e como unha alternativa económica para o rural galego, falamos neste tema de En Portada co que estreamos o 2013. Un comezo de ano no que agasallamos aos nosos subscritores cun novo calendario de sobremesa do Periódico O Sil. Existe tamén a posibilidade, para aquelas persoas que non sexan subscritoras, de poder adquirilo nos quioscos ao prezo de tres euros.

 

Sen saír do ámbito agrario, neste número falamos tamén do bo momento de calidade que viven os viños galegos e de iniciativas de I+D neste sector. Caldos cos que se poderán acompañar as deliciosos propostas da III Ruta de pinchos do Barco (do 15 ao 20 de xaneiro) e outras citas gastronómicas deste mes como a Festa do Botelo do Barco (19 de xaneiro), a XIX Cea do Cocido de Piñeiro (18 de xaneiro), a VI Festa do Codillo da Rúa (26 de xaneiro) ou as VI Xornadas gastronómicas e de recuperación do porco celta de Manzaneda (26 e 27 de xaneiro), entre outras.

 

Achegámonos tamén ao mundo do deporte profesional, e máis en concreto do fútbol de 1ª división, co barquense Adolfo Mateo, un dos fisioterapeutas do Deportivo da Coruña. E, xunto con esta edición de xaneiro, poñemos nos quioscos o monográfico de Moda de inverno do Periódico O Sil, que recolle as principais tendencias e novidades do sector a nivel nacional e tamén internacional, así como entrevistas con modistos galegos de referencia como Roberto Verino, entre outros.





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 15, de un total de: 1998122 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
24 Maio 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.